Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26712

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Madrid

EDICTO (14/2008).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 12 dos de Madrid fai saber que no procedemento de referencia se ditou o 14.1.2013 a sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 6/2013

En Madrid, o catorce de xaneiro de dous mil trece.

Pilar Pala Castan, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 dos de Madrid, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 14/2008 por instancia de José González Millán, representado pola procuradora dos tribunais Mª Dolores Moral García, contra Carmen González Álvarez, Pedro Cabrera García, Margarita Lizcano González, Hildegar Carmen Lizcano González, Pedro Cabrera Urbán, Daniel Cabrera Urbán, Susana Cabrera Urbán, Javier Lizcano Gutiérrez, Silvia Lizcano Gutiérrez, Elvira Sánchez Álvarez, María Magdalena Carballo Álvarez, representada polo procurador dos tribunais Julián Sanz Aragón, Mercedes Albi Murcia, Antonio García Jiménez e Paloma Ortiz Cañavate, que versa sobre aboamento de lexítima de herdeiro, e con base nos seguintes:

Ditame

1º. Estimo parcialmente a demanda formulada por José González Millán que deu lugar aos autos nº 14/2008 deste xulgado e a que deu lugar aos autos nº 2139/09 do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Madrid, acumulados aos presentes formulados contra Carmen González Álvarez, Pedro Cabrera García, Margarita Lizcano González, Hildegar Carmen Lizcano González, Pedro Cabrera Urbán, Daniel Cabrera Urbán, Susana Cabrera Urbán, Javier Lizcano Gutiérrez, Silvia Lizcano Gutiérrez, Elvira Sánchez Álvarez, María Magdalena Carballo Álvarez e Francisca Gutiérrez Puertas.

2º. Condeno os demandados a aboar ao demandante as seguintes cantidades:

a) Respecto da vivenda e rocho sita na rúa Evaristo San Miguel, nº 9, baixo A, de Madrid, a Elvira Sánchez Álvarez, 4.6701,10 euros.

b) Respecto de apartamento sito en Calpe,

1. A Elvira Sánchez Álvarez, 2.683,035 euros.

2. A Magdalena Carballo Álvarez, 2.683,035 euros.

c) Respecto da praza de aparcadoiro sita en Madrid

1. A Carmen González Álvarez e Pedro Cabrera García, 1.252,11 euros cada un.

2. A Margarita Lizcano González, Hildegart Lizcano González, Pedro Cabrera Urbán, Daniel Cabrera Urbán e Susana Cabrera Urbán, 417,37 euros cada un.

3. A Javier Lizcano Gutiérrez e Silvia Lizcano Gutiérrez, 208,69 euros cada un.

d) Respecto da casa de campo de Calpe,

1. A Carmen González Álvarez e Pedro Cabrera García, 17.529,52 euros cada un.

2. A Margarita Lizcano González, Hildegart Lizcano González, Pedro Cabrera Urbán, Daniel Cabrera Urbán e Susana Cabrera Urbán, 5.843,2 euros cada un.

3. A Javier Lizcano Gutiérrez, Silvia Lizcano Gutiérrez e Francisca Gutiérrez Puertas, como herdeiros de José Luis N. Lizcano González, conxunta e solidariamente, 5.843,2 euros.

3º. Condeno os demandados ao pagamento do xuro legal da suma a que ascende a condena desde a interpelación xudicial.

4º. Sen custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Madrid (art. 455 LAC).

O recurso interpoñerase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados dende o día seguinte ao da notificación».

Así mesmo, faise saber que se rectifica o erro material padecido na sentenza do 14.1.2013, a precitada sentenza foi rectificada por auto do 30.1.2013, quedando o devandito pronunciamento do teor literal seguinte:

Parte dispositiva

1. Rectifícase o nome da parte demandante no ditame da sentenza do 14 de xaneiro de 2013, facendo constar que a condena é a favor de José Millán Sánchez, María Millán Sánchez, Arturo Millán Sánchez e María Sánchez Chornet.

2. Rectifícase o pronunciamento 2º a) do ditame da sentenza do 14 de xaneiro de 2013 substituíndo a expresión “4.6701,10 euros” por “46.701,10 euros”.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Pedro Cabrera García, expídese a presente para que sirva de notificación en forma a este.

Madrid, 17 de abril de 2013

O secretario