Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1313/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1313/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Trillo Quintáns contra a empresa Hormigones del Noroeste, S.L., Construcciones José María Fernández, S.A., Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., administrador concursal de concurso voluntario ordinario 677/2011 de Mercantil 2, administrador concursal de Hormigones del Noroeste, S.L., administrador concursal de Construcciones José María Fernández, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 4 de xuño de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1334/2012, en que foi demandante Ana Trillo Quintáns, asistida pola letrada Sra. Segura Espinosa, e demandadas a empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., comparecida a través da súa administradora María del Carmen Pena Saavedra, coa representación do letrado Sr. Talín Mariño, así como as empresas Construcciones José María Fernández, S.A. e Hormigones del Noroeste, S.L., e a administración concursal da empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., a administración concursal da empresa Construcciones José María Fernández, S.A., comparecida a través do administrador concursal Félix Manuel Jiménez Mosquera, e a administración concursal da empresa Hormigones del Noroeste, S.L., comparecida a través do administrador concursal Luis Arbones Maciñeira. Citouse da mesma maneira o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Ana Trillo Quintáns contra a empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., así como contra as empresas Construcciones José María Fernández, S.A. e Hormigones del Noroeste, S.L., e contra a administración concursal da empresa Explotaciones y Canteras de Moucho, S.A.U., contra a administración concursal da empresa Construcciones José María Fernández, S.A. e contra a administración concursal da empresa Hormigones del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de Ana Trillo Quintáns e condeno as empresas demandadas a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opten entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, ascenden á cantidade de 12.560,71 euros, aos que se lle terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 58,69 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 32.983,78 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Hormigones del Noroeste, S.L. e Construcciones José María Fernández, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial