Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26710

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 2109/2010-CG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e certifico que nas actuacións RSU 2109/2010-CG a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 664/2009 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos polo Ministerio de Defensa (ISFAS) contra Servicios y Reformas Pipe, S.L. e Andrés Formoso Romero, sobre reclamación de cantidade, con data do 18 de xaneiro de 2013 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto polo avogado do Estado, en nome e representación do Ministerio de Defensa, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do 26 de xaneiro de 2010, en autos números 664/2009, seguidos por demanda de Andrés Formoso Romero contra Servicios y Reformas Pipe, S.L. e o Ministerio de Defensa, revogamos a dita resolución tan só no referente á declaración de responsabilidade solidaria do recorrente, que queda sen efecto, e confirmámola no resto dos seus termos. Unha vez que sexa firme esta sentenza, procédase á devolución do depósito e das consignacións feitas ou, de ser o caso, á cancelación dos aseguramentos prestados para interpor o recurso de suplicación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro do dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Servicios y Reformas Pipe, S.L., co último domicilio coñecido en r/ Entrerríos, 7-9, 2 esq., Ferrol (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de xuño de 2013

A secretaria xudicial