Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmantelamento dun treito dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2012/72-1).

Visto o expediente para a autorización do proxecto de execución, da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: Areal 53, baixo, 15621 Cabanas.

Denominación: desmantelamento da LMT aérea Atallo-A Pena, no treito comprendido entre o apoio nº 10 e o apoio nº 14.

Situación: concello de Cabanas.

Características técnicas:

• Peche e desmantelamento do treito de liña de media tensión de 329,43 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30 pertencente á LMT aérea Atallo-A Pena, autorizada no expediente 52601 e modificada no expediente IN407A 2012/72-1, comprendido entre os novos apoios nº 10 (metálico tipo C 3000/16) e nº 14 (de formigón tipo HVH 1600/13) recollidos neste último expediente.

• Demolición e retirada dos antigos apoios nº 10, nº 11, nº 12, nº 13 e nº 14, coas seguintes coordenadas UTM:

– Apoio nº 10: UTM X: 568455,5060/UTM Y: 4807712,2958.

– Apoio nº 11: UTM X: 568527,7067/UTM Y: 4807795,2799.

– Apoio nº 12: UTM X: 568556,5988/UTM Y: 4807841,4086.

– Apoio nº 13: UTM X: 568579,0431/UTM Y: 4807891,6196.

– Apoio nº 14: UTM X: 568623,9315/UTM Y: 4807992,0416.

Resultan os seguintes feitos:

Antecedentes.

Primeiro. A LMT aérea denominada Atallo-A Pena, propiedade da empresa distribuidora Eléctrica de Cabañas, S.L. foi autorizada para a súa execución pola antiga Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio baixo o expediente administrativo nº 52.601.

Segundo. Con data do 21 de maio de 2013, unha vez cumpridos os preceptivos trámites regulamentarios, foi emitida a acta de posta en servizo dunha modificación da instalación anterior consistente en:

Soterramento baixo tubo Ø160 mm, a 15 kV, dun treito de 859 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), con orixe no novo paso aero-soterrado (PA/S) instalado no novo apoio metálico tipo C 3000/16 (apoio nº 10 da LMT aérea) e remate no novo paso aero-soterrado (PA/S) instalado no novo apoio de formigón tipo HVH 1600/13 (apoio nº 14 da LMT aérea), logo de entrar e saír na nova cela de liña instalada no centro de transformación e seccionamento Lousido (expediente IN407A 2011/244-1) e na nova cela de liña instalada no centro de transformación e seccionamento Carballo de Abaixo (expediente IN407A 2011/244-1).

Terceiro. A posta en funcionamento das instalacións anteriores fai innecesario un treito aéreo da LMT existente Atallo-A Pena modificado polo seu soterramento, concretamente, o treito comprendido entre os novos apoios nº 10 e nº 14.

Cuarto. Con data do 8 de abril de 2013, Eléctrica de Cabañas, S.L. presentou o documento técnico denominado polo seu autor Ramón Gómez Morandeira (enxeñeiro industrial colexiado nº 1.304, do I. C. O. I. I. de Galicia-A Coruña) Proxecto de desmantelamento do treito aéreo entre apoios 10 a 14 LMT Atallo-A Pena, con nº de visado colexial CO130563, do 1 de abril de 2013.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co artigo 39 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe ás xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria a dirección, a coordinación, a planificación, a execución, o seguimento e o control das competencias e cantas outras funcións lles sexan expresamente atribuídas ou delegadas en materia de industria, seguridade industrial, enerxía e minas, e no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 40 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, a retirada do servizo de instalacións eléctricas están suxeitas a un procedemento que debe ser autorizado polos organismos competentes na materia.

En consecuencia, de conformidade coa disposición adicional do Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalación eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 34, do 16 de febreiro de 2001 ) e co artigo 39 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe ás xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria a dirección, a coordinación, a planificación, a execución, o seguimento e o control das competencias e cantas outras funcións lles sexan expresamente atribuídas ou delegadas en materia de industria, seguridade industrial, enerxía e minas, e á vista do informe emitido por persoal técnico do Servizo de Enerxía e Minas, en que expón que se cumpren axeitadamente os trámites establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo IV Autorización de peche de instalacións, do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización e instalaións de enerxía eléctrica e do seu ditame favorable respecto da solicitude presentada por Eléctrica de Cabañas, S.L., de autorización para a súa execución das actuacións recollidas no documento técnico denominado Proxecto de desmantelamento do treito aéreo entre os apoios nº 10 e nº 14 da LMT Atallo-A Pena, resolvo:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto de desmantelamento do treito aéreo entre os apoios nº 10 e nº 14 da LMT Atallo-A Pena, das características técnicas citadas, e incorporar as ditas actuacións ao expediente IN407A 2012/72-1, con acta de posta en servizo do 21 de maio de 2013, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras de las instalacións.

– As actuacións de desmantelamento que se están a autorizar serán executadas nun prazo non superior a tres (3) meses, contados a partir da data de recepción do presente documento por parte do titular das instalacións, Eléctrica de Cabañas, S.L., prazo improrrogable que, de non ser cumprido, producirá a caducidade desta autorización.

– O remate dos traballos descritos no proxecto que se está a autorizar deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sexan comprobadas as actuacións realizadas e emitir, en consecuencia, a preceptiva acta de peche de instalacións, tal e como se dispón no artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente no seu dereito.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña