Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2013/34-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2 , Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT e CT Luis Espada, nº 82.

Situación: Verín.

Características técnicas: LMT subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude e condutor RHZ1 con orixe na LMT ao CT 32SFG1 (Laureano Pelaez, 13) e remate na LMT ao CT 32CL65 (Cancelón) con entrada e saída no CT proxectado Luis Espada, nº 82, non prefabricado, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 33.964,52 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense