Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2013 Páx. 26739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2012/115-2, 8103 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Domicilio social: estrada Abadín-Ferreira, km 15, 27770 Ferreira do Valadouro, Lugo.

Denominación: liña aérea de alta tensión 132 kV LAT SE Estelo-LAT Mondoñedo-Montouto.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

Liña de alta tensión aérea a 132 kV, con orixe no apoio nº 21 bis proxectado tipo CO-27000-18 que se vai intercalar entre os apoios nº 22 e nº 21 da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo e final no apoio existente nº 27 da LAT 132 kV ST Farrapa-ST Estelo, cunha lonxitude de 173,13 metros en conductor tipo LA-280.

Reténsase o condutor existente da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre os apoios nº 22 (existente) e o apoio 21 bis (proxectado), cunha lonxitude de 325,82 metros.

Substitúese o actual cable ADSS 48 fibras ópticas por outro de 80 fibras ópticas entre o apoio nº 27 existente da LAT 132 kV ST Farrapa-ST Estelo e o repartidor da ST Estelo.

Ábrese a LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre os apoios nº 21 bis e o apoio nº 21, quedando esta sin tensión na dirección da ST Mondoñedo.

Desconéctase o tramo da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre o pórtico da ST Mondoñedo e o apoio nº 1 da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo