Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1116/2010).

Número de autos: procedemento ordinario 1116/2010 F.

Demandante: María de las Nieves Seijas Segade.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial e Elvira Fernández Alvares.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1116/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de las Nieves Seijas Segade contra a empresa Elvira Fernández Alvares, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 199/2013.

Procedemento: autos número 1116/2010-F.

Sentenza.

A Coruña, 29 de abril de 2012.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1116/2010, seguidos por instancia de María de las Nieves Seijas Segade, representada polo letrado Sr. Docampo Bello, contra Elvira Álvarez Fernández e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda con entrada o día 20 de decembro de 2010, que correspondeu por quenda a este xulgado contra as demandadas xa mencionadas, na cal despois de expor os feitos e fundamentos que estimou pertinentes, remataba suplicando que se dite sentenza pola que se condene as demandadas ao aboamento á demandante da cantidade de 4.426,07 euros.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar o día 24 de abril de 2013, coa asistencia da parte demandante, sen que comparecesen as demandadas malia a súa citación en legal forma. Recibido o xuízo a proba pola parte alegouse como feito novo a extinción da relación laboral por sentenza ditada o 11 de abril de 2011 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, e ampliouse a cantidade solicitada en 1.207,11 euros, en función das mensualidades posteriores ás reclamadas. En canto á proba propúxose interrogatorio de parte e documental, e logo de declaración de pertinencia uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta neles; a seguir as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

Primeiro. A demandante prestou servizos para a demandada desde o 1 de marzo de 2002 coa categoría profesional de camareira e salario mensual de 469,43 euros sen rateo de pagas extraordinarias.

Segundo. A empresa demandada debe á demandante a cantidade de 5.663,18 euros correspondentes a salarios de xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xullo, agosto, novembro e decembro de 2010, así como xaneiro, febreiro e marzo de 2011.

Terceiro. Por sentenza do 11 de abril de 2011 ditada en autos número 176 de 2011 do Xulgado do Social número 4 da Coruña declárase a resolución do contrato de traballo que vinculaba as partes pola causa do artigo 50.1.b) do ET, e condénase a Elvira Álvarez Fernández ao pagamento de 7.490,19 euros de indemnización.

Cuarto. O día 20 de outubro de 2010 celebrouse conciliación previa ante o SMAC, co resultado de intentado sen efecto, ao non comparecer a conciliada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A anterior relación fáctica despréndese da valoración conxunta da proba practicada en autos, e así da documental achegada pola demandante e interrogatorio da parte, coas precisións que máis adiante se expresan en torno á valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento exerce a parte demandante reclamación de cantidade correspondente a diversas cantidades debidas en función da relación laboral mantida, nos termos reflectidos no relato fáctico, sen comparecer a empresa demandada, correctamente citada.

O principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos determina que o reclamante veña obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, o devengo non satisfeito do salario correspondente a estes; e é o demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o dito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado xustifique o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos–, logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación monetaria, e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da Lei de procedemento laboral, se lle debe ter ante a súa non comparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios e demais cantidades percibidas antes da finalización da súa relación laboral, pero igualmente do mesmo modo a falta de aboamento pola parte demandada.

Consecuencia da proba articulada, no suposto de autos acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obriga, todo o cal comporta as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, correspondendo ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC); sen practicarse a dita proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Terceiro. Non procede a condena nesta instancia do Fogasa ao aboamento da cantidade reclamada, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido:

Que debo estimar e admito a demanda interposta por María de las Nieves Seijas Segade contra Elvira Álvarez Fernández e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 5.663,18 euros.

Absólvese o Fogasa da pretensión formulada fronte a el, sen prexuízo da súa responsabilidade legal conforme o artigo 33 e concordantes do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro, na conta aberta deste xulgado na entidade Banesto.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncioo, mando e asino.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Elvira Fernández Alvares, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial