Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24326

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (273/2012).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que neste xulgado se tramita procedemento de medidas provisionais nº 273/2012 no cal se ditou o seguinte Auto do 30 de maio de 2013 e cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dispoño acordar o arquivamento das presentes actuacións ao terse ditado sentenza nos autos principais dos que o presente procedemento deriva, sen efectuar especial imposición das custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que é firme.

Así o acorda, manda e asina María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo».

E para que conste e sirva de notificación a Francisco Bordón Martínez, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 3 de xuño de 2013

A secretaria xudicial