Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24324

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (699/2012).

Juicio verbal 699/2012.

Sobre: verbal arrendaticio.

Demandante: Beatriz Moure Antón.

Procuradora: María Soledad Sánchez Silva.

Avogada: María Ruiz López.

Demandado: Antonio Martínez Salgueiro.

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Beatriz Moure Antón fronte a Antonio Martínez Salgueiro ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 54/2013.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal número 699/2012, seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Beatriz Moure Antón, coa procuradora Sra. Sánchez Silva e letrada a Sra. Ruiz López; e doutra, como demandado, Antonio Martínez Salgueiro, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza sobre a base dos seguintes:

Ditame.

Que estimando como estimo a demanda interposta por Beatriz Moure Antón, con procuradora a Sra. Sánchez Silva, fronte a Antonio Martínez Salgueiro, en rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a pagarlle á demandante a cantidade de mil setecentos cincuenta euros (1.750 €) máis o xuro legal da dita suma desde a data de interposición da demanda, e condeno o demandado ao pagamento das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 da LAC, reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 €, esta sentenza non é susceptible de ningún recurso.

E encontrándose o dito demandado, Antonio Martínez Salgueiro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

O secretario xudicial