Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24322

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2966/2010 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2966/2010 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 663/2008 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrentes: Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39.

Avogado: Gonzalo Márquez Pérez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2966/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 39 contra o Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Talleres Calviño, S.L., Alfredo Vázquez Rouco, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Intercomarcal contra a sentenza de data dezasete de decembro do ano dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número dous dos da Coruña, en proceso promovido por Alfredo Vázquez Rouco, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal, o Servizo Galego de Saude e a empresa Talleres Calviño, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto no artigo 202 da Lei de procedemento laboral, debe darse o destino legal aos depósitos para recorrer. E, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, a mutua recorrente debe aboar os honorarios do letrado do demandante impugnante do seu recurso, que se fixan na cantidade de trescentos euros (300 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2013

A secretaria xudicial