Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24320

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5638/2010 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5638/2010 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1165/2009 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: José Luis Domínguez González.

Avogada: Celia Tielas Amil.

Procurador: José Martín Guimaraens Martínez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5638/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de José Luis Domínguez González contra a empresa, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS contra a sentenza de data 5.10.2009 ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso sobre seguridade social-reintegro, promovido pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o recorrente, TXSS e Cebifrut Cereal, S.L., revogamos a sentenza impugnada e desestimamos a demanda interposta no seu día, con absolución dos demandados.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Hipólito Rodríguez Carrera, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de maio de 2013

A secretaria xudicial