Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24331

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 838/2013 FF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 838/2013 (-FF-).

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 207/2012 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrentes: Galp Energía España, S.A.U. (antes Petrogal Española, S.A.), Juan Francisco García Fernández.

Avogados: Federico Daniel Martínez García, María Teresa Míguez Castelos.

Procuradores: Marta María Rey Fernández (…).

Recorrida: Bravio Gest I, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 838/2013 desta sección, seguido por instancia de Juan Francisco García Fernández e Galp Energía España, S.A.U. (antes Petrogal Española, S.A.), contra a empresa Bravio Gest I, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos:

Que desestimando os recursos de suplicación interpostos pola letrada María Teresa Míguez Castelos, en nome e representación de Juan Francisco García Fernández, e polo letrado Federico Martínez García, en nome e representación de Galp Energía España, S.A.U., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de data oito de xuño de dous mil doce ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña en proceso número 207/2012, promovido por Juan Francisco García Fernández contra as empresas Bravio Gest I, S.L. e Galp Energía España, S.A.U. Condénase en custas a empresa recorrente, que comprenderán os honorarios da letrada da parte demandante, que impugnou o seu recurso, por importe de 300 euros. Decrétase a perda dos depósitos e consignacións efectuadas para recorrer.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que conste para os efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Bravio Gest I, S.L., con último domicilio coñecido en estrada Nacional, 651, Campolongo, 15600 Pontedeume, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de maio de 2013

A secretaria xudicial