Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 877/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 877/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Puente Fernández contra a empresa Vida Ascensores, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza

A Coruña, 15 de abril de 2013

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 877/2012 e acumulado nº 111/2013, seguidos por instancia de Álvaro Puente Fernández, que comparece asistido da letrada Sra. Navarrete Rey, contra a empresa Vida Ascensores, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, versando a lite sobre despedimento.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda do nº de autos 111/2013, sobre despedimento, formulada por Álvaro Puente Fernández, que comparece asistido da letrada Sra. Navarrete Rey, contra a empresa Vida Ascensores, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representada pola letrada Sra. Abajo Lera, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral con data da presente resolución (15.4.2013) e, por tanto, a empresa debe aboar ao Sr. Ponte a cantidade de 8.216,41 euros, en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vida Ascensores, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2013

A secretaria xudicial