Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 1027/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1027/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Jogamarna, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza.

A Coruña o dez de maio de dous mil trece.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1027/2011, seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada pola letrada Sra. Sueiro Lemus, contra a empresa Jogamarna, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e contra o INSS e a TXSS, que comparecen representadas polo letrado Sr. González Quintas, versando a litis sobre reclamación de cantidade (prestación).

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Traballo, que comparece representada pola letrada Sra. Sueiro Lemus, contra a empresa Jogamarna, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e contra o INSS e a TXSS, que comparece representada polo letrado Sr. González Quintas, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.930,42 euros, no senso exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Da devandita cantidade responderán as entidades xestoras demandadas subsidiariamente.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. O recorrente que non teña a condición de traballador, habente-causa dun deles ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito na conta de depósitos e consignacións correspondente ao órgano que tiver ditado a resolución impugnada a taxa establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jogamarna, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2013

A secretaria xudicial