Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (703/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 703/2011, por instancia de Ricardo Vilariño Millet contra a empresa Tania María Rama Castro e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 27 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión.

Estímase a demanda interposta por Ricardo Vilariño Millet contra Tania María Rama Castro e, en consecuencia, condénase a empresa Tania María Rama Castro a aboar ao demandante a cantidade de dous mil seiscentos vinte e catro euros con setenta e un céntimos (2.624,71 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Tania María Rama Castro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de maio de 2013

A secretaria xudicial