Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (679/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 679/2012, por instancia de Rafael Sánchez Sánchez contra a empresa Austral Instalaciones, S.L., sobre resolución de contrato, en que recaeu auto de aclaración de sentenza con data do 30 de maio de 2013 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Rafael Sánchez Sánchez contra a entidade Austral Instalaciones, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Austral Instalaciones, S.L. a aboar a Rafael Sánchez a cantidade de vinte e seis mil douscentos euros con catorce céntimos (26.200,14 euros), que se detallan da seguinte maneira: 10.852,34 euros en concepto de salario e 15.347,80 en concepto de indemnización. As cantidades salariais devindicarán un xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra este auto non cabe ningún recurso.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Austral Instalaciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de xuño de 2013

A secretaria xudicial