María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento demanda 600/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Emilio Álvarez Paz, contra a empresa INSS, Mutua Universal e Tránsito dos Gramáticos, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Resolvo que estimando a demanda interposta por Roberto Emilio Álvarez Paz contra, como demandados, Tránsito dos Gramáticos, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e Mutua Universal, debo condenar e condeno a citada mutua, con responsabilidade dos outros demandados nos supostos legais, a aboar ao demandante a suma de 1.808,08 euros.
Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do Social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.
Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que lle sirva de notificación de forma legal a Tránsito dos Gramáticos, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o/a destinatario/a de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013
A secretaria xudicial