Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23942

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (273/2012).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, anuncia que neste procedemento more uxorio 273/2012, seguido por instancia de Inés Elisa Álvarez Zaracho fronte a Francisco Bordón Martínez se ditou sentenza, que é como segue:

«Sentenza 355.

Vigo, 30 de maio de 2013.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 273/2012, sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Inés Elisa Álvarez Zaracho, representada polo procurador dos tribunais Juan José Muíños Torrado, e con asistencia letrada de Rubén González Rodríguez, contra Francisco Bordón Martínez, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Muíños Torrado en nome e representación de Inés Elisa Álvarez Zaracho, como demandante, contra Francisco Bordón Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago o seguinte pronunciamento:

Único. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á señora Álvarez Zaracho, e a patria potestade será compartida entre ambos os proxenitores.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC)».

E ao estar o citado demandado Francisco Bordón Martínez, en ignorado paradoiro, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 3 de xuño de 2013

A secretaria xudicial