Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1068/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1068/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Soares Pereira contra o Fondo de Garantía Salarial e Julio Francisco Kars 4×4, S.L., ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

A Coruña, 11 de abril de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1068/2010 seguidos por instancia de Jaime Soares Pereira, que comparece asistido polo letrado Sr. Domínguez Castiñeiras, contra a empresa Julio Francisco Kars 4×4, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Jaime Soares Pereira, que comparece asistido polo letrado Sr. Domínguez Castiñeiras, contra a empresa Julio Francisco Kars 4×4, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 6.995,75 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Julio Francisco Kars 4×4, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2013

A secretaria xudicial