Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (944/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 944/2012 por instancia de Isabel del Valle Vázquez contra Esabe Vigilancia e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales o día 13 de maio de 2013 se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Parte dispositiva:

Que debo rectificar o erro de transcrición contido no ditame da sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 5 de abril de 2013, sendo a cantidade pola que se admite a demanda a de 2.226.76 euros brutos, e non a recollida neste, manténdose integramente o restante contido.

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial