Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente para autorizar a realización dun solapamento das concesións V-7072; XG-446 e V-7059; XG-433 para o tramo Porzomillos-Betanzos co tramo Betanzos-O Mesón do Vento.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación para autorizar a realización dun solapamento para o tramo Porzomillos-Betanzos co tramo Betanzos-O Mesón do Vento, das seguintes concesións:

– V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro Présaras-Mezonzo, con anexos, da titularidade de Autos S. Vázquez, S.L.

– V-7059; XG-433, A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo, con anexos, da titularidade de Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es.

A Coruña, 10 de xuño de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura
Territorial da Coruña