Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas, cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Teléfono: 881 99 51 74.

5. Telefax: 881 99 93 26.

6. Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19075

8. Data límite de obtención de documentación e información: 22 de xullo de 2013.

a) Número de expediente: 7/2013 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas.

c) Lugar de execución/entrega: Galicia.

d) Prazo de execución/entrega: 36 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90522000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e no apartado J do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 1.874.613,06 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 937.306,53 €. Importe total: 1.134.140,90 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional. Definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de conformidade co sinalado no punto 6.2.6) do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epigrafes E e F do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 22 de xullo de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de recepción de ofertas. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura de oferta técnica (sobre B).

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: 5 de agosto de 2013, ás 10.00 horas. Se debido a circunstancias imprevistas hai que modificar o acto público de apertura, publicarase a nova data no perfil do contratante.

10. Información adicional: a data e hora de apertura do sobre C (proposición económica) publicarase no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas