Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (117/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 117/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramallo Morales contra a empresa Imprenta La Resma, S.L.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de maio de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 117/2011 seguidos por instancia de José Ramallo Morales, representado polo letrado Sr. Taibo Monelos, fronte a Imprenta La Resma, S.L.L. e con intervención procesual do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Ramallo Morales fronte a Imprenta La Resma, S.L.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe a parte demandante a cantidade de 2.728,44 euros.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso de suplicación (artigo 191.2.g) da LRXS).

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Imprenta La Resma, S.L.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2013

A secretaria xudicial