Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (85/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 85/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Carlos García Geán contra a empresa Lozano Angeriz, S.L., sobre ordinario, se ditou resolución con data do 26 de abril de 2013, dirixida a Lozano Angeriz, S.L., contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Lozano Angeriz, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de maio de 2013

A secretaria xudicial