Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23303

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (278/2010).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM) de Ribeira, dou fe e certifico que nos autos de xuízo sobre garda e custodia de menores seguidos ante este xulgado co número 278/2010, recaeu sentenza cuxo encabezado e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ribeira, 31 de xullo de 2012.

María Cristina Fernández Fenández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e o seu partido, despois de ver os presentes autos de garda e custodia 378/2010 seguidos ante este xulgado por instancia de Carmen Calo Lojo e Ramón Piñeiro González, como demandantes e representados pola procuradora Sra. Vidal Rivas e asistidos pola letrada Sra. Mos Grille, fronte a Susana Piñeiro Calo e Víctor Manuel Pérez Martínez, como demandados e representada, a primeira, pola procuradora Sra. Ramos Picallo e asistida pola letrada Sra. Martínez Alvedro, e o segundo en situación de rebeldía procesual, e aparecendo como lexitimado pasivamente, pola existencia de menores, o Ministerio Fiscal, e versando o citado sobre garda e custodia de menores.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada pola procuradora Sra. Vidal Rivas, en nome e representación de Carmen Calo Lojo e Ramón Piñeiro González, fronte a Susana Piñeiro Calo e Víctor Manuel Pérez Martínez, e debo acordar o seguinte:

A atribución da garda e custodia do menor Jorge Manuel aos seus avós maternos (os actores).

A atribución da garda e custodia da menor Tania á súa nai, Dna. Susana.

O establecemento dun réxime de visitas dos menores con ambas as partes nos termos indicados no fundamento terceiro da presente resolución, ao cal nos remitimos.

A non fixación de réxime de visitas dos menores co seu pai, D. Víctor Manuel.

A non fixación de pensión de alimentos a cargo de Dña. Susana e en favor de Jorge Manuel.

A remisión ao proceso seguido entre os proxenitores de ambos os dous menores en relación coa pensión de alimentos a cargo do pai e en favor dos seus fillos, ben que con atribución aos avós maternos de lexitimación para reclamar do pai a pensión que ao seu cargo pesa en favor de Jorge, de quen teñen a súa garda e custodia.

Todo iso sen expresa imposición de custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación, que se interpoñerá no prazo de vinte días desde a notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi ditada, lida e publicada pola xuíza que asina abaixo, que no día da data está a celebrar audiencia pública, do que dou fe.

O preinserido concorda co seu orixinal ao cal, pola súa maior extensión, me remito.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Víctor Manuel Pérez Martínez, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 28 de maio de 2013

A secretaria xudicial