Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23301

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (170/2012).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, mediante este anuncio no presente procedemento de more uxorio seguido por instancia de Yusmary Lucía Clavelo Llanes fronte a Nelson Cueto Chiu ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 130.

En Vigo o vinte e dous de febreiro de dous mil trece.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 170/2012 sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Yusmary Lucía Clavelo Llanes, representada pola procuradora dos tribunais Victoria Sóñora Álvarez e con asistencia letrada de María Jesús Rivas Pintos, contra Nelson Cueto Chiu, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Sóñora Álvarez, en nome e representación de Yusmary Lucía Clavelo Llanes, como demandante, contra Nelson Cueto Chiu, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Clavelo Llanes e a patria potestade será compartida entre ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Cueto Chiu satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 190 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai, e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os que se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social, e que non comprenderán os libros e material escolar, matrículas, uniformes, comedor, transporte nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC)».

E encontrándose o devandito demandado, Nelson Cueto Chiu, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 28 de maio de 2013

A secretaria xudicial