Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23305

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (651/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 651/11 por instancia de Gabriel Menéndez Mesa contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 14 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución estímase parcialmente a demanda formulada por Gabriel Menéndez Mesa fronte a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil seiscentos sesenta e cinco euros con catro céntimos de euro (4.665,04 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 28 de maio de 2013

A secretaria xudicial