Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (951/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 951/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Nieto Nieto contra a empresa Escayolas Gasamans, S.L., Servicios y Construcciones Santiago (Serconsa), S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda sobre despedimento formulada por María Pilar Nieto Nieto fronte a Escayolas Gasamans, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto con efectos do 31 de outubro de 2012, teño por efectuada a opción pola indemnización, declaro extinguida a relación laboral entre as partes na data da presente resolución e condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 20.160,26 euros en concepto de indemnización.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade de conformidade co artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Que debo absolver e absolvo a Servicios y Construcciones Santiago, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Servicios y Construcciones Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

A secretaria xudicial