Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23308

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (226/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 226/2013 desta Sección, seguido por instancia de Antonio Pérez Moo, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Lino Romero Alonso, en nome e representación da empresa Gravas e Áridos do Louro, S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, con data do 10 de agosto de 2012, sobre extinción de contrato por causas obxectivas, seguido por instancia de Antonio Pérez Moo contra as empresas Grupo Jca Hormigones, S.A., Travelling Stone, S.L., Gravas e Áridos do Louro, S.L., Hormigones Vigo, S.A., Hormigones Condado Miño, S.L., Granitos Rosa Porriño, S.A., Hormigones Peregrino, S.L., Hormigones Avia, S.L., o administrador concursal de Hormigones Vigo, S.A. (Carlos Ángel Rodríguez Alba), o Fondo de Garantía Salarial e Bodegas La Val, S.L., debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a cal se recorreu, impoñendo á recorrente as custas do recurso, con inclusión da cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros) en concepto de honorarios da letrada impugnante do recurso.

Acórdase a perda do depósito necesario para recorrer e das cantidades consignadas para tales efectos, aos cales se lles dará o destino legal, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e, unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Hormigones Vigo, S.A., con último domicilio coñecido en Vigo, na rúa Nicaragua, 17, baixo; a Hormigones Condado Miño, S.L., con último domicilio coñecido en Salvaterra de Miño, polígono industrial Chan da Ponte, s/n; Granitos Rosa Porriño, S.A., con último domicilio coñecido en Redondela, Fonte Arbela s/n- Vilar de Infesta; Hormigones Peregrino, S.L., con último domicilio coñecido en Vilaboa, Carballoso s/n; Hormigones Avia, S.L., con último domicilio coñecido en Melón, estrada xeral km 572-Propìos-Quins, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2013

A secretaria xudicial