Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 674/2011, por instancia de Juan Bernardo Sánchez Rodríguez contra as empresas Proesga-Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Comytex Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Programetal, S.L., Tecnología y Diseños de Interiores, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza, con data do 20 de maio de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido que se estima a demanda formulada por Juan Bernardo Sánchez Rodríguez fronte a Proesga-Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Progra Metal, S.L., Tecnología y Diseños de Interiores, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. y, en consecuencia:
– Condénanse as empresas Proesga-Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Comytek Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Progra Metal, S.L., Tecnología y Diseños de Interiores, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de dezaseis mil setecentos euros (16.700 euros).
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Proesga-Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Comytex Estudios Técnicos Comerciales, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Programetal, S.L., Tecnología y Diseños de Interiores, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 28 de maio de 2013
A secretaria xudicial