Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (103/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 103/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Alexandra Colcha Tonato contra a empresa Ciudad Muralla, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva di:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Verónica Alexandra Colcha Tonato coa empresa Ciudad Muralla, S.L., condenando a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome traballadora: Verónica Alexandra Colcha Tonato.

Indemnización: 343,55 euros (trescentos corenta e tres euros con cincuenta e cinco céntimos).

Salarios: 261,72 euros (douscentos sesenta e un euros con setenta e dous céntimos).

Condénase igualmente a empresa demandada ao pagamento á demandante da cantidade de 809,03 euros de salarios non pagados, conforme o establecido na propia sentenza.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 28 de maio de 2013

O secretario xudicial