Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (190/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 190/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fidel Ramos Pérez contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Fidel Ramos Pérez fronte á empresa Aislamientos Pemos, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente sentenza. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización de 5.300,35 euros. E con aboamento tamén dos salarios de tramitación que non percibise o traballador ata a data da notificación desta sentenza, que ascenden a 20.657,19 euros.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846), a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 190 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado co número 1533 0000 60 190 12, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Aislamientos Pemos, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de maio de 2013

O secretario xudicial