Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22982

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (395/2012).

María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria anuncia que neste procedemento divorcio contencioso 395/2012 seguido por instancia de Ana María Pérez Amorín fronte a Rubén Fernando Ibarra González se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Sarria, 21 de maio de 2013.

En nome do rei de España, vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, os autos de xuízo de divorcio, tramitados ante este xulgado co número 395/2012, promovidos pola procuradora Olga García García, en nome e representación de Ana María Pérez Amorín, baixo a dirección letrada do sr. Soto Carballada, dita a seguinte:

Resolvo que estimando a demanda interposta pola procuradora sra. García García, en nome e representación de Ana María Pérez Amorín, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio celebrado entre Ana María Pérez Amorín e Rubén Fernando Ibarra González o día 17 de novembro de 1992, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas, e aprobando as medidas contidas na demanda.

En canto sexa firme esta resolución, inscríbase no Rexistro Civil.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o demandado, Rubén Fernando Ibarra González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Sarria, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial