Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22664

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (71/2012).

Sentenza.

En Ribeira a 3 de decembro de 2012.

Vistos por min, María de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do procedemento de garda e custodia número 71/2012 en que foi parte demandante María del Carmen Herrero Romera, representada pola procuradora Sra. Alcalde Riveiro e asistida polo letrado Sr. Lampón Lampón, e parte demandada Verónica Rivas Herrero e o Ministerio Fiscal, representado por Cristina Margalet en defensa dos intereses dos menores.

Decido que, admitindo a demanda interposta por María del Carmen Herrero Romera contra Verónica Rivas Herrero, se acordan as seguintes medidas:

1º. Acórdase a privación da patria potestade de Verónica Rivas respecto os menores Sergio e Aarón.

2º. Atribúese a garda e custodia a María del Carmen Herrero Romera dos menores Sergio e Aarón.

3º. Suspéndese o réxime de visitas da nai Verónica respecto dos seus fillos menores.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso prepararase por medio de escrito que se presentará neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Verónica Rivas Herrero, expídese a presente para que sirva de notificación de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, cos apercibimentos legais correspondentes.

Ribeira, 18 de decembro de 2012

O/a secretario/a xudicial