Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22666

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (717/2012).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM) de Ribeira, a Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo de faltas seguidos ante este xulgado co número 717/2012 recaeu sentenza cuxo encabezado e ditame son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Ribeira, 22 de febreiro de 2013.

Vistos por María Cristina Fernández Fernández, xuíza-titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos desta localidade, en xuízo oral e público, os autos rexistrados como xuízo de faltas nº 717/2012, seguidos por instancia de Nuria Ordóñez Torrado, como denunciante, e baixo a asistencia letrada do Sr. Muñiz Pérez, por presunta falta de lesións, contra Alba Domínguez Casasnovas, como denunciada, quen non comparece, e con intervención do Ministerio Fiscal, procédese en nome de S.M. o rei a ditar a presente en virtude dos seguintes:

Fallo.

Debo condenar e condeno a Alba Domínguez Casasnovas como autora responsable dunha falta de lesións, prevista e penada no artigo 617.1 do Código penal, pola que foi acusada no seo do presente procedemento, a unha pena de 8 días de localización permanente. Así mesmo, e en concepto de responsabilidade civil polas lesións causadas, deberá indemnizar a denunciante na cantidade de 510 euros.

As custas procesuais deberán ser aboadas pola condenada.

Notifíqueselle esta resolución ás partes.

A presente resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación en ambos os efectos no prazo de cinco días a partir da súa notificación neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, da que se levará certificación nas actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O preinserido concorda co seu orixinal ao cal, pola súa maior extensión, me remito.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á denunciada Alba Domínguez Casasnovas, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 24 de maio de 2013

A secretaria xudicial