Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22662

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1094/2012).

Divorcio contencioso: 1094/2012-A.

Sobre: divorcio contencioso.

Demandante: Agostino Quadri.

Procuradora: Marta González López.

Avogada: Margarita María Jesús Pardo Fontán.

Demandada: María del Carmen Pazos Acuña.

Inmaculada Marín Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Agostino Quadri fronte a María del Carmen Pazos Acuña ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Vigo, 24 de maio de 2013.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1094/2012 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Agostino Quadri, representado pola procuradora dos tribunais Marta González López e con asistencia letrada de Margarita Pardo Fontán, contra María del Carmen Pazos Acuña, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. González López, en nome e representación de Agostino Quadri, contra María del Carmen Pazos Acuña, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníqueselle ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

E encontrándose a dita demandada, María del Carmen Pazos Acuña, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 27 de maio de 2013

A secretaria xudicial