Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22027

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 913/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 913/2012, por instancia de Javier Barros Cerdeira, Paulo Fernando Almeida Pinto e David Moinelo García contra Vida Ascensores, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales no día 20 de maio de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Javier Barros Cerdeira, Paulo Fernando Almeida Pinto e David Moinelo García contra Vida Ascensores, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Vida Ascensores, S.L. a que lle aboe aos demandantes a cantidades que se explicitarán, como salarios dos meses de maio a xullo do ano 2012, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais:

• A Javier Barros Cerdeira, a cantidade de 4.556,58 € brutos.

• A Paulo Fernando Almeida Pinto, a cantidade de 4.256,76 € brutos.

• A David Moinelo García, a cantidade de 4.556,58 € brutos

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Vida Ascensores, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino a presente cédula.

A Coruña, 23 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial