Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22029

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 454/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 454/2012 por instancia de Valeri Venkov Valkov contra Fessler del Noroeste, S.L., sobre cantidade, nos cales no día 13 de maio de 2013 se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Acórdase arquivar a presente demanda, ao tratarse da execución de título extraxudicial (SMAC), a cuxa tramitación deberán acomodarse as presentes actuacións.

Entréguese testemuño da presente resolución e de todo o actuado por este xulgado para os efectos da presentación, se así o estima, de demanda executiva.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e cabe interpor dentro dos tres días hábiles seguintes á súa notificación recurso de reposición, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Fessler del Noroeste, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial