Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1159/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1159/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Salgueiro López contra a empresa Horminorsa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame dispón:

«Que, estimando a demanda interposta polo demandante David Salgueiro López contra a empresa Horminorsa, S.L., debo condenar e condeno esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 10.132,45 euros polos conceptos reclamados en demanda. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Horminorsa, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

A secretaria xudicial