Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22031

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1284/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1284/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Araceli Iglesias Quintas contra as empresas Industria de Diseño Textil, S.A., Denllo, S.A., Confecciones Lema, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Araceli Iglesias Quintas contra Confecciones Lema, S.L. e contra Denllo, S.A., debo condenar e condeno as ditas codemandadas a lle aboar solidariamente á demandante a suma de 2.420,19 euros, e debo condenar e condeno a Confecciones Lema, S.L. a que, de forma exclusiva, lle aboe á demandante a suma de 105,34 euros máis, en ambos os casos, o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto desas sumas, todo isto coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa, no caso de se cumpriren os requisitos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Confecciones Lema, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

A secretaria xudicial