Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1213/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1213/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Solados Autonivelantes, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Solados Autonivelantes, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 116,45 euros, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013

A secretaria xudicial