Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 21815

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de xuño de 2013 pola que se determinan os servizos mínimos, en materia de asistencia sanitaria, durante a folga convocada para o día 12 de xuño de 2013 no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os cales se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As direccións comarcais de Ferrol da Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC.OO), Unión General de Traballadores (UGT) e Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) comunicaron a convocatoria de folga xeral que afectará todas as actividades desempeñadas polos traballadores/as de empresas privadas e polos/as empregados/as do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 12 de xuño de 2013. Non obstante, naquelas empresas e centros que teñan varias quendas de traballo, o comezo da folga efectuarase na primeira quenda, aínda que empece antes das 00.00 horas do día 12 de xuño, e a súa finalización terá lugar unha vez rematada a última quenda, aínda que se prolongue despois das 24.00 horas dese día. Así mesmo, naquelas empresas que teñan unha única quenda de traballo, pero que empece antes das 00.00 horas do día 12 de xuño, o paro iniciarase á hora de comezo da actividade laboral e finalizará o mesmo 12 de xuño na hora en que conclúa esta.

Unha vez outorgada audiencia aos comités de folga, a conselleira

DISPÓN:

Artigo 1

A folga que afectará todas as actividades desempeñadas polos traballadores/as de empresas privadas e polos/as empregados/as do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e que se desenvolverá desde as 00.00 horas do 12 de xuño de 2013, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura dos servizos esenciais de asistencia sanitaria. Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención á poboación que, baixo ningún concepto, pode quedar desasistida polas características do servizo dispensado.

E por iso se manteñen os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente e o transporte sanitario, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

– Persoal mínimo necesario para a cobertura da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

– No Centro de Transfusión de Galicia os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo.

– Nos centros e institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde e centros e institucións sanitarias privadas:

a) Persoal facultativo dependente de atención especializada:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día).

3. Cobertura da actividade cirúrxica nos doentes, tanto hospitalizados como ambulatorios, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente aos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, a criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos doentes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e os doentes desprazados.

6. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos doentes hospitalizados que, a criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos doentes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e de produtos sanitarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

b) Persoal facultativo dependente de atención primaria: (persoal médico, pediatra e odontólogo):

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con máis de trece profesionais: 4 efectivos.

c) Persoal sanitario non facultativo de atención especializada:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nun triplo ámbito:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervencións cirúrxicas inaprazables.

– Atención ás salas de partos.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos doentes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e dos doentes desprazados.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos doentes hospitalizados que, a criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos pacientes, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

d) Persoal sanitario non facultativo de atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente e inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con máis de trece profesionais: 4 efectivos.

e) Persoal de xestión e servizos de atención especializada:

1. Urxencias: o 100 % do persoal.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao de domingos ou festivos.

3. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo de un efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

4. Atención ao doente: un número de efectivos que garantan a atención ao doente que o requira, cun mínimo de 1 por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

5. Servizos de mantemento: un número equivalente aos domingos ou festivos.

6. Servizo de lavandaría e lenzaría: un número equivalente aos domingos e festivos ou ata o 50 % dos efectivos da quenda.

7. Limpeza: ata o 50 % dos efectivos da quenda.

8. Hostalaría: un número mínimo igual aos domingos ou festivos, ou ben un 60 % dos efectivos da quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalaría en cada centro.

Coa finalidade de garantir o adecuado mantemento do servizo, servirase, con carácter xeral, un único menú aos doentes que non requiran dieta médica especial.

9. Condutores: o mesmo número de efectivos que os domingos ou festivos, cun mínimo en todo caso dun efectivo.

10. Servizos administrativos:

– Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos pacientes.

– Persoal: o número imprescindible para garantir as incidencias e xestións derivadas da folga e, como máximo, ata o 40 % dos efectivos da quenda.

– Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

– Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25 % dos efectivos da quenda.

f) Persoal de xestión e servizos de atención primaria:

1. Urxencias: o 100 % do persoal.

2. En centros con catro ou menos efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo.

– En centros con cinco ou máis efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo por centro e, en caso de teren varios andares, un máis por andar.

g) Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase con carácter xeral un número equivalente aos domingos ou festivos.

h) Persoal de empresas privadas que realizan tarefas de servizos contratados co Servizo Galego de Saúde: aplicaranse os criterios establecidos nos puntos anteriores para a correspondente área de actividade. No caso de que algunha empresa actúe nunha área de traballo que non se corresponda coas dos puntos anteriores, estableceranse un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos.

– Transporte sanitario.

Establécense os seguintes criterios reitores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servizos esenciais:

– Unha cobertura do 100 % respecto da atención urxente prestada a través das ambulancias asistenciais do 061.

– No ámbito do transporte hospitalario, o 100 % do transporte secundario urxente.

– O 100 % dos servizos de transporte para enfermos que requiran tratamentos ambulatorios continuados de oncoloxía e diálise. Para o resto de pacientes, os vehículos necesarios para os casos en que necesiten padiola ou o seu estado xeral así o aconselle, a xuízo do persoal facultativo prescritor. O número de vehículos no será inferior ao 50 % dos que fan a cobertura habitual.

Artigo 2

A determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores faraa a dirección, debendo estar a súa fixación adecuadamente motivada, mediante a designación nominal e individual.

As/os profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios do centro con antelación ao comezo da folga.

A/o profesional designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outra/o profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos da institución e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Con tales premisas, no anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir a xornada de folga.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do que establece o artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O que se dispón nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Artigo 6

As empresas privadas que prestan servizos no ámbito da sanidade de Galicia deberán fixar o persoal necesario para garantir a prestación de recoñecida e inaprazable necesidade de acordo cos criterios e demais disposicións determinados nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

Servizos Sanitarios de Atención Especializada.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área cirúrxica

20

12

12

Área clínica/hospitalización

25

9

9

SS. CC.

13

4

4

Persoal DUE

Urxencias

9

8

7

Área cirúrxica

15

2

2

Área clínica/hospitalización

40

29

29

SS. CC.

25

3

2

Persoal sanitario FP

Técnico coidados auxiliar de enfermaría

83

38

26

Técnico especialista

22

4

4

Celador/a

24

16

11

Persoal administrativo

29

2

1

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

0

Pinche

18

18

1

Limpador/a

2

2

0

Condutor/a

1

0

0

Lavandería

Lavandeira/o

5

0

0

Pasador/a de ferro

5

0

0

Servizos Sanitarios de Atención Primaria

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médicos de familia

40

11

0

Médicos PAC

0

12

11

Pediatras

14

4

0

Odontólogo

1

0

0

Farmacéutico

1

0

0

Persoal de enfermaría

47

11

0

Persoal de enfermaría (PAC)

0

12

9

Outro persoal sanitario

1

0

0

Persoal non sanitario

39

12

0

Celador/a PAC

0

9

9

Empresas contratadas. Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Limpeza centros de saúde (contratada)

50 %

50 %

50 %

Transporte sanitario (contratado)

3

3

2

Vixilancia e seguranza (contratada) atención primaria

3

2

0

Vixilancia e seguranza (contratada) centros hospitalarios

3

3

2

Mantemento Hospital Naval (contratado)

1

1

1

Mantemento informático (contratado)

1

1

0

Dietética (contratada)

1

1

0

Help Desk a usuarios de sistemas de información (contratado)

1

1

0

Arquivo (contratado)

1

1

1

Transporte dietas alimenticias (contratado)

1

1

0

Transporte de mostras clínicas (contratado)

4

0

0

Transporte de material e correspondencia (contratado)

2

0

0

Comedor PAC

0

9

0

Transporte profesionais de PAC

0

9

9

Limpeza centros hospitalarios (contratada)

23

17

2

DDD

1

0

0

Transporte programado

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Ferrol

5

5

0

Centro de Transfusión de Galicia

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Persoal facultativo

Hemodoazón

1

1

Persoal sanitario non facultativo

Hemodoazón

1

1

Persoal non sanitario

Hemodoazón

0

1

Persoal contratas

Transporte sanitario

1

1

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Número de efectivos de servizos mínimos

Categoría/servizo

Mañá

(8.00 a 15.00 h)

Tarde

(15.00 a 22.00 h)

Noite

(22.00 a 00.00 h)

(00.00 a 8.00 h)

Persoal facultativo

Médico asistencial base ambulancia

1

1

1

Persoal sanitario non facultativo

ATS/DUE base ambulancia

1

1

1

Outros (persoal indirecto)

Rede de Transporte Sanitario Urxente

TTS (técnico transporte sanitario)

Unidades 24 horas

15(1)

TTS (técnico transporte sanitario)

Unidades 12 horas

2(2)

(1) 15 TTS as 24 horas da xornada.

(2) 2 TTS en xornada de 12 horas.

Centro: Hospital Juan Cardona

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

9

5

4

Persoal sanitario non facultativo

52

42

14

Persoal non sanitario

22

12

1

Persoal externo: 2 facultativos de tarde e 1 facultativo de garda