A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: do 25 ao 28 de xuño de 2013.
4. Lugar de celebración: Sindicato Labrego Galego. Rúa San Sebastián, nº 16, baixo, 32360 Xinzo de Limia (Ourense).
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo I.
9. Programa:
Día 25.6.2013 |
|
16.00-17.00 h |
Introdución. Lexislación. |
17.00-19.30 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
19.30-20.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
20.00-21.15 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
Día 26.6.2013 |
|
16.00-17.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
17.00-18.30 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
18.30-20.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
20.00-21.15 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
Día 27.6.2013 |
|
16.00-18.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
18.00-19.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
19.00-21.15 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 28.6.2013 |
|
16.00-19.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
19.00-20.15 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
20.15-21.15 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: do 25 ao 28 de xuño de 2013.
Lugar de realización do curso: Sindicato Labrego Galego, r/ San Sebastián, nº 16, baixo, 32360 Xinzo de Limia (Ourense).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 16.00 ás 21.15 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 18 de xuño de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfonos: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
NOME: |
APELIDOS: |
||||
CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA: |
|||||
EMPRESA: |
SECTOR ACTIVIDADE: |
||||
ENDEREZO: |
CP: |
||||
LOCALIDADE: |
PROVINCIA: |
||||
TELÉFONO: |
FAX: |
CORREO ELECTRÓNICO: |