Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 82/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 82/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Cerqueiro Pereiro contra as empresas Pop Motorshop, S.L., Pop Services Coruña, S.L., Pop Vehículos, S.L., Ocio Pop, S.L., Unlimited Bikes, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Carlos Cerqueiro Pereiro fronte a Pop Motorshop, S.L., Pop Vehículos, S.L., Pop Services Coruña, S.L. e Unlimited Bikes, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénanse solidariamente as empresas demandadas a aboarlle ao demandante a cantidade de 10.413,01 euros, incrementada co xuro moratorio do 10 % en relación cos conceptos salariais, así como a regularizar a situación do traballador para os efectos de altas/baixas e cotizacións efectivas na Tesouraría Xeral da Seguridade Social desde o inicio ata o final da relación laboral, realizando as xestións procedentes para o efecto e ingresando as cantidades correspondentes en atención á categoría laboral e retribucións do traballador procedentes segundo o indicado nesta resolución.

Absólvense as demandadas das restantes pretensións formuladas.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial