Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (991/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 991/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Rodríguez Álvarez contra a empresa Braimur, S.C., sobre despedimento, ditouse resolución o 23 de abril de 2013, dirixida a Braimur, S.C., contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber aos interesados que no devandito órgano xudicial poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Braimur, S.C., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de maio de 2013