Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21734

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (44/2012).

María Lorenza Fernández Calaza, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso número 44/2012 seguido por instancia de Ramon Bertolo Díaz fronte a Samena Bhutta ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora María del Amor Angulo Gascón, en nome e representación de Ramón Bertolo Díaz, fronte a Samena Bhutta, declarada en situación procesual de rebeldía, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio contraído o día 12 de xullo de 2001, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non procede facer especial pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Líbrese testemuño da presente os autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra de conformidade co disposto nos artigos 457 e seguintes da LAC.

Unha vez firme esta sentenza practíquense as inscricións previstas na Lei do Rexistro Civil.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E encontrándose a devandita demandada, Samena Bhutta, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Marín, 15 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial