Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21732

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (84/2011).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, mediante este anuncio no presente procedemento ordinario 84/2011 seguido por instancia de José Piñeiro Portela e Concepción Couto Ares fronte a herdanza xacente e herdeiros de Maximino Couto Durán ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Pontevedra o 15 de abril de 2013.

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos número 84/2011 sobre xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado, por instancia do procurador dos Tribunais Sr. Barral Vila, en nome e representación de José Piñeiro Portela e Concepción Couto Ares, asistidos polo letrado Sr. García Rodríguez, fronte á herdanza xacente e ignorados herdeiros de Maximino Couto Durán, declarados en rebeldía procesual, de indemnización de danos e perdas, declárase:

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador dos Tribunais Sr. Barral Vila, en nome e representación de José Piñeiro Portela e Concepción Couto Ares, fronte á herdanza xacente e ignorados herdeiros de Maximino Couto Durán, declarados en rebeldía procesual e, na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que a herdanza xacente e ignorados herdeiros de Maximino Couto Durán aboen os demandantes o importe de corenta e nove mil setecentos sesenta e catro euros con cincuenta e oito céntimos (49.764,58 euros), polos danos e perdas sufridos como consecuencia da agresión sufrida por parte de Maximino Couto Durán, cos xuros legais e procesuais nos termos previstos polos artigos 1108 do Código civil e 576 da LAC, con imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, herdanza xacente e herdeiros de Maximino Couto Durán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 16 de abril de 2013

A secretaria xudicial