Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21730

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (3473/2011).

M. Carmen Sobrado Prado, secretaria da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, polo presente edicto fago constar que esta Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, no recurso de apelación 3473/2011, dimanante do procedemento ordinario 120/2010 do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, o 26 de abril de 2013, ditou sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decidimos que rexeitamos o recurso de apelación promovido pola Cía. de Seguros Vitalicio, S.A., representada polo procurador José V. Gil Tránchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo o día 29 de xullo de 2011, con expresa imposición das custas procesuais desta segunda instancia á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no artigo 3.2 e 3 da Constitución española; no artigo 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos artigos 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no artigo 477 da LAC, que se debe interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no artigo 479 da LAC. Así mesmo, cabe interpoñer recurso extraordinario por infracción procesual sobre a base do establecido no artigo 468 da LAC, que se debe interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no artigo 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ao xulgado de que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Marian Avidiu Papalici, expídese a presente para que lle sirva de cédula de notificación, facéndolle saber que de desexar interpoñer recurso de casación, ao escrito de interposición deberá xuntar xustificante de ter constituído o preceptivo depósito (50 euros por cada recurso), na conta de consignacións desta sección e debe de xuntar, igualmente, o modelo 696 de liquidación de taxa xudicial.

Vigo, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial