Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21728

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5081/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5081/2010 desta sección, seguido por instancia de José Martín Mejuto Crespo contra o Fogasa, Construcciones Lameiriña Marin, S.L., Aluminios Os De Casal, UTE Construcciones Vipomar, S.L., admón. concursal Construcciones Vipomar, S.L. sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Fallamos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por José Martín Mejuto Crespo contra a sentenza do 26 de xullo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, recaída en autos número 16/2010, seguidos por instancia do recorrente fronte a Construcciones Lameiriña Martin, S.L., Aluminios Os De Casal, S.L., UTE Construcciones Vipomar, S.L. e Construcciones Martin, S.L., admón. concursal Construcciones Vipomar, S.L. e o Fogasa, a sala confírmaa integramente. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sala do social).

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto Recurso, seguido do código 35 Social Casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social Casación. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a UTE Construcciones Vipomar, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial