Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1271/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1271/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Muíño Regueira, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Número de autos: despido/ceses en xeral 1271/2012.

Na cidade da Coruña o dezaseis de maio de dous mil trece.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante José Manuel Muíño Regueira, que comparece asistido do letrado José Nogueira Esmorís, e doutra como demandados Matin Nova, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, en nome do rei ditou a seguinte sentenza 295/13:

«Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Muíño Regueira fronte á empresa Matín Nova, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 5.085,98 euros.

-En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 44,13 €/día, que ata a data da presente sentenza ascenden 9.841,29 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET e 23.6 LRXS.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.1271.12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.1271.12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación á empresa Matin Nova, S.L., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2013

O secretario xudicial